A maior coita que eu vi sofrer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A maior coita que eu vi sofrer
por Fernán Velho


A maior coita que eu vi sofrer
d'amor a nulh'home, des que naci,
eu mi a sofro; e já que est assi,
meus amigos, assi veja prazer!,
       gradesc'a Deus que mi faz a maior
       coita do mundo haver por mia senhor.
  
E bem tenh'eu que faço gram razom
d'a maior coita muit'a Deus gracir,
que m'El dá por mia senhor, que servir
hei mentr'eu viver: mui de coraçom
       gradesc'a Deus que mi faz a maior
       coita do mundo haver por mia senhor.
  
E por maior hei eu, per bõa fé,
aquesta coita de quantas fará
Nostro Senhor, e por maior mi a dá
de quantas fez; e pois que assi é,
       gradesc'a Deus que mi faz a maior
       coita do mundo haver por mia senhor,
  
pois que mi a faz haver pola melhor
dona de quantas fez Nostro Senhor.