A por que perço o dormir

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A por que perço o dormir
por Joan Airas


A por que perço o dormir
e ando mui namorado,
vejo-a d'aquí partir
e fiqu'eu desemparado;
a mui gran prazer se vai
a que x'én ten súa múa baia;
     vestida d'un pres de Cambrai,
     Deus, que ben lh'está manto e saia!

A morrer houvi por én
tanto a vi ben talhada,
que parecía mui ben
en súa sela dourada;
as sueiras son d'ensai
e os arções son de faia;
     vestida d'un pres de Cambrai,
     Deus, que ben lh'está manto e saia!

Se a podess'eu filhar
terría-m'én por ben-andante,
e nos braços a levar
na coma do rocín, deante,
per caminho de Lampai
passar Minho e Doir'e Gaia;
     vestida d'un pres de Cambrai,
     Deus, que ben lh'está manto e saia!

Se a podess'alongar
quatro légoas de Crecente,
e nos braço-la filhar,
apertá-la fortemente,
non lhi valría dizer «¡ai!»,
nen chamar Deus nen Santa Ovaia;
     vestida d'un pres de Cambrai,
     Deus, que ben lh'está manto e saia!