A ren que mi a mí máis valer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A ren que mi a mí máis valer
por Airas Engeitado


A ren que mi a mí máis valer
devía contra mia senhor
essa mi faz a mí peior
servic', e mui gran ben querer
e mui grand'homildade;
non me vos pod'al apoer,
que seja con verdade,
nen ar é d'al despagada.

Nunca lh'outro pesar busquei
senón que lhi quero gran ben
e por esto en coita me ten,
tal que conselho non me sei;
se lh'eu mal merecesse,
o que lhi non merecerei,
u eu pouco valesse,
non mi daría nada.

Quando m'agora ren non dá,
que lhi non sei merecer mal,
o meu serviço non mi val
cuid'eu nunca mi ben fará,
mais dig'a seu marido
que a non guarde de min ja,
ca será i falido,
se mi a tever guardada.

Torto fará, se mi a guardar,
ca non vou eu u ela é,
e juro-vos per bõa fe,
des que m'ela fez tornar,
nunca foi aquel día
que a eu visse, ca pesar
grande lhi crecería,
nen vi a sa malada

que con ela sol ben estar
e meu mal lhi diría,
ca esta é sa privada,
e, se me quisess'ajudar,
Elvira ben faría
e de Deus foss'ajudada.