A tal estado m'adusse, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A tal estado m'adusse, senhor
por Dom Dinis


A tal estado m'adusse[1], senhor,
o vosso bem e vosso parecer
que nom vejo de mi nem d'al prazer
nem veerei já, enquant'eu vivo for,
u nom vir vós que eu por meu mal vi.
 
E queria mia mort'e nom mi vem,
senhor, porque tamanh'é o meu mal
que nom vejo prazer de mim nem d'al,
nem veerei já, esto creede bem,
u nom vir vós que eu por meu mal vi.
 
E pois meu feito, senhor, assi é,
querria já mia morte, pois que nom
vejo de mi nem d'al nulha sazom
prazer, nem veerei já per bõa fé,
u nom vir vós que eu por meu mal vi,
 
pois nom havedes mercee de mi.

Notas[editar]

  1. Aduzir: conduzir, trazer