A vós fez Deus, fremosa mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A vós fez Deus, fremosa mia senhor
por Pero de Armea


A vós fez Deus, fremosa mia senhor,
o maior ben que vos pod'el fazer:
fez-vos mansa e melhor parecer
das outras donas, e fez-vos melhor
     dona do mund'e de melhor sén.
     Vedes senhor, se al disser alguén
     con verdade non vos pod'al dizer.

Feze-vos Deus, e deu-vo-lo maior,
poder de ben e fez-vos máis valer
das outras donas, e fez-vos vencer
todas-las donas, e fez-vos melhor
     dona do mund'e de melhor sén.
     Vedes senhor, se al disser alguén
     con verdade non vos pod'al dizer.

E porque é Deus o máis sabedor
do mund'e fez-me-vos tal ben querer
qual vos eu quer'e fez a vós nacer
máis fremosa, e fez-vos melhor
     dona do mund'e de melhor sén.
     Vedes senhor, se al disser alguén
     con verdade non vos pod'al dizer.

E o que al disser por dizer mal
de vós, senhor, do que disser, nen d'al,
cofonda Deus quen lho nunca creer.
E querend'eu todos desenganar,
o que m'esto, senhor, non outorgar
non sabe nada de ben conhocer.