Abadessa, oí dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Abadessa, oí dizer
por  Afonso Eanes de Coton


Abadessa, oí dizer
que erades mui sabedor
de todo ben; e, por amor
de Deus, querede-vos doer
de min, que hogano casei,
que ben vos juro que non sei
máis que un asno de foder.

Ca me fazen én sabedor
de vós que havedes bon sén
de foder e de todo ben;
ensinade-me máis, senhor,
como foda, ca o non sei,
nen padre nen madre non hei
que m'ensin', e fiqu'i pastor.

E se eu ensinado vou
de vós, senhor, deste mester
de foder e foder souber
per vós, que me Deus aparou,
cada que per foder, direi
Pater Noster e enmentarei
a alma de quen m'ensinou.

E per i podedes gaar,
mia senhor, o reino de Deus:
per ensinar os pobres seus
máis ca por outro jajũar,
e per ensinar a molher
coitada, que a vós veer,
senhor, que non souber ambrar.