Agora m'hei eu a partir

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Agora m'hei eu a partir
por Joan Soairez Somesso


Agora m'hei eu a partir
de mia senhor, e d'haver bem
me partirei, poila nom vir;
mais per que[m] m'aqueste mal vem
em tamanha coita será
por en migo que morrerá,
e nom se pode guardar en.
  
E pois me dela faz partir,
nom lhe quero já sofrer rem,
nem quer'a ela consentir
quanto mal me faz; e por en
um vassalo soo que há,
de pram, de morte perdê-l'-á,
por esta coita em que me tem.
  
Pero sei eu ca rem nom dá
ela por est'home perder,
mais per sa morte saberá!
E se lh'eu podess'al fazer,
por aqueste mal que me faz,
al lhe faria; mais nom praz
a Deus de m'en dar o poder.
  
E pois me Deus poder nom dá
de me per al rem defender,
est'haverei a fazer já;
e ela bem pod'entender
que esta morte bem me jaz,
ca nom poss'eu viver em paz
enquanto lh'est'home viver!