Agora viv'eu como querría

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Agora viv'eu como querría
por Roi Queimado


Agora viv'eu como querría
veer viver quantos me queren mal,
que non vissen prazer de si nen d'al,
com'eu fiz sempre des aquel día
que eu mia senhor non pudi veer.
Ca se nunca depois ar vi prazer,
Deus no'me valha, que podería!

E quen vivess'assí, vivería,
per bõa fe, en gran coita mortal,
c'assí viv'eu por ũa dona qual
sab'hoje Deus e Santa María,
que a fezeron melhor parecer
de quantas donas vi e máis valer
en todo ben; e ben veería

quen visse mia senhor, e diría:
«eu sei ben» por ela que é atal
como vos eu digu'; e se me non val
Deus (que mi a mostre!), ja non guarría
eu máis no mundo, ca non hei poder
de ja máis aquesta coita sofrer
do que sofrí; e desejaría

muito mia mort'e querría morrer
por mia senhor a que prazería,

e por gran coita, en que me viver
vejo por ela, que perdería.