Ai, fals'amigu'e sen lealdade

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai, fals'amigu'e sen lealdade
por Dom Dinis


Ai, fals'amigu'e sen lealdade,
ora vej'eu a gran falsidade
con que mi vós ha gran temp'andastes,
ca doutra sei eu ja por verdade,
     a que vós a tal pedra lançastes.

Amigo fals'e muit'encoberto,
ora vej'eu o gran maldeserto
con que mi vos ha gran temp'andastes,
ca doutra sei eu ja ben por certo,
     a que vós a tal pedra lançastes.

Ai, fals'amigu', eu non me temía
do gran mal e da sabedoría
con que mi vós ha gran temp'andastes,
ca doutra sei eu que o ben sabía,
     a que vós a tal pedra lançastes.

E de colherdes razón sería
da falsidade que semeastes.