Ai, meu amigo, pero vós andades

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai, meu amigo, pero vós andades
por Pero de Ambroa


Ai, meu amigo, pero vós andades
jurando sempre que mi non queredes
ben ant'as donas, quando as veedes,
entenden elas ca vós perjurades
     e que queredes a mí tan gran ben
     com'elas queren os que queren ben.

E pero vós ant'elas jurar ides
que non fazedes quanto vos eu mando,
quanto lhis máis ides en min falando
atant'entenden máis que lhis mentides
     e que queredes a mí tan gran ben
     com'elas queren os que queren ben.

E andad'ora de camanho preito
vos vós quiserdes andar toda vía,
ca o cantar vosso de maestría
entenden elas que por mí foi feito
     e que queredes a mí tan gran ben
     com'elas queren os que queren ben.