Ai, senhor fremosa, por Deus

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai, senhor fremosa, por Deus
por Dom Dinis


Ai, senhor fremosa, por Deus
e por quan boa vos el fez,
doede-vos algũa vez
de min e destes olhos meus,
     que vos viron por mal de si,
     quando vos viron, e por mí.

E, porque vos fez Deus melhor
de quantas fez e máis valer,
querede-vos de min doer
e destes meus olhos, senhor,
     que vos viron por mal de si,
     quando vos viron, e por mí.

E, porque o al non é ren,
senón o ben que vos Deus deu,
querede-vos doer do meu
mal e dos meus olhos, meu ben,
     que vos viron por mal de si,
     quando vos viron, e por mí.