Ai amiga, per boa fe

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai amiga, per boa fe
por Men Vásques de Folhete


Ai amiga, per boa fe,
nunca cuidei, des que nací,
viver tanto como viví
aquí u meu amigo é,
non o veer nen lhi falar,
e havé-lo eu muit'a desejar!

E, se non, Deus non mi perdón,
se m'end'eu podesse partir;
tanto punha de me servir
o senhor do meu coraçón,
meu amigo, que ést'aquí,
a que quix ben, des que o vi.

E querrei ja, mentr'eu viver,
esso que eu de viver hei;
de meu amigo mui ben sei
que non sabe al ben querer
senón mí, e máis vos direi:
sempre lh'eu por én máis querrei.

Ca lhi quero e Deus poder
mi dé de ja con el viver.