Ai amiga, tenh'eu por de bon sén

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai amiga, tenh'eu por de bon sén
por Rodrigo Eanes de Álvares


Ai amiga, tenh'eu por de bon sén
tod'homen que sa senhor gran ben quer
que lho non entenden per nulha ren,
senón a quen no el dizer quiser;
     Rodrigu'Eanes d'Alvares é tal:
quer-me milhor ca quis hom'a molher,
     mais non saben se me quer ben se mal.

Maravilho-me como non perdeu
o corpo per quantas terras andou
por min ou como non ensandeceu,
por qual vos dig'o que a min chegou:
     Rodrigu'Eanes d'Alvares é tal:
des que me viu, nunca ren tant'amou,
     mais non saben se me quer ben, se mal.

Non vistes homen tan gran coit'haver
com'el por min ha, assí Deus mi perdón,
nen por senhor tan gran coita sofrer
com'el sofre, ha mui longa sazón;
     Rodrigu'Eanes d'Alvares é tal:
nunca de min part'o seu coraçón,
     mais non saben se me quer ben, se mal.