Ai eu coitad'! e por que vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai eu coitad'! e por que vi
por Pero Garcia Burgalês


Ai eu coitad'! e por que vi
a dona que por meu mal vi?
Ca, Deus lo sabe, poila vi,
nunca jamais prazer ar vi,
per boa fé, u a nom vi;
ca de quantas donas eu vi,
tam boa dona nunca vi,
  
tam comprida de todo bem,
per bõa fé, esto sei bem;
se Nostro Senhor me dê bem
dela, que eu quero gram bem,
per bõa fé, nom por meu bem!
Ca, pero que lh'eu quero bem,
nom sabe ca lhe quero bem,
  
ca lho nego pola veer;
pero non'a posso veer!
Mais Deus que mi a fezo veer,
rog'eu que mi a faça veer;
e se mi a nom fezer veer,
sei bem que nom posso veer
prazer nunca sen'a veer.
  
Ca lhe quero melhor ca mim,
pero non'o sabe per mim
a que eu vi por mal de mim,
  
nem outre já, mentr'eu o sem
houver; mais se perder o sem,
direi-o com míngua de sem;
  
ca vedes que ouço dizer:
que míngua de sem faz dizer
a home o que nom quer dizer!