Ai meu amigo, meu, per boa fe

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai meu amigo, meu, per boa fe
por Juião Bolseiro


Ai meu amigo, meu, per boa fe,
e non d' outra, per boa fe, mais meu,
rogu' eu a Deus, que mi vos oje deu,
que vos faça tan ledo seer migo
quam leda fui oj' eu, quando vos vi,
ca nunca foi tan leda, pois naci.
Bon dia vejo, pois vos vej' aqui,
meu amigo, meu a la fe sen al,
faça-vos Deus ledo, que pod' e val,
seer migo, meu ben e meu desejo,
quam leda fui oj' eu, quando vos vi,
ca nunca foi tan leda, pois naci.
Meu gasalhado, se mi valha Deus,
e amigo meu e meu coraçon,
faça-vos Deus en algua sazon,
seer migo tan led' e tan pagado
quam leda fui oj' eu, quando vos vi,
ca nunca foi tan leda, pois naci.