Ai mia senhor, sempre'eu esto temí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai mia senhor, sempre'eu esto temí
por Fernán Figueira de Lemos


Ai mia senhor, sempre'eu esto temí,
des que vos vi, que m'oi de vós avén:
irdes-vos vós, e ficar eu aquí,
u nunca máis acharei outra ren
de que eu possa gasalhad'haver,
nen me de vos faça coita perder.

Coita, de pran, ja eu non perderei
e non m'atrevo sen vós a guarir,
e sei de fix que ensandecerei.
Pois eu de vós os meus olhos partir,
e vos non vir u vos soía veer,
nunca me Deus leixe i máis viver.

Ca vos vi eu por meu mal, mia senhor
por vós haver ja sempr'a desejar;
e perdud'hei gasalhad'e sabor
de quanto ha no mundo, sen amar:
tod'esto mi vos fezestes perder.
Fez-me vos Deus, por meu mal, ben querer.

Por meu mal foi, pois que vos ja sempr'eu
haverei ja eno meu coraçón
a desejar; e nunca máis do meu
cor perderei mui gran coita, que non
veerei ren que mi possa prazer,
ergo se vir a min por vós morrer.