Ai mia senhor, todo ben mi a mí fal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai mia senhor, todo ben mi a mí fal
por Juião Bolseiro


Ai mia senhor, todo ben mi a mí fal,
mais non mi fal gran coita, nen cuidar,
des que vos vi, nen mi fal gran pesar;
mais non mi valha o que pod'e val,
     se hoj'eu sei onde mi venha ben,
     ai mia senhor, se mi de vós non ven.

Non mi fal coita, nen vejo prazer,
senhor fremosa, des que vos amei;
mais a gran coita que eu por vós hei
ja Deus, senhor, non mi faça lezer,
     se hoj'eu sei onde mi venha ben,
     ai mia senhor, se mi de vós non ven.

Nen ren non poden veer estes meus
olhos no mund'ond'eu haja sabor,
sen veer vós, e non mi val Amor;
nen mi valhades vós, senhor, nen Deus,
     se hoj'eu sei onde mi venha ben,
     ai mia senhor, se mi de vós non ven.