Amiga, ben cuid'eu do meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amiga, ben cuid'eu do meu amigo
por Vasco Peres Pardal


Amiga, ben cuid'eu do meu amigo
que é morto, ca muit'ha gran sazón
que anda triste o meu coraçón;
e direi-vo-lo máis por que o digo:
     porque ha gran sazón que non oí
     nen un cantar que fezesse por mí
     nen que non houvi seu mandado migo.

E sei eu del mui ben que é coitado,
se hoje el viv'en poder d'amor,
mais, por meu mal, me filhou por senhor
e por aquest'hei eu maior cuidado:
     porque ha gran sazón que non oí
     nen un cantar que fizesse por mí
     nen que non houvi seu mandado migo.

E cuid'eu ben del que se non partisse
de trobar por mí sen mort'ou sen al,
mais por esto sei eu que non ést'al,
pero que mi o a mí nen un non disse:
     porque ha gran sazón que non oí
     nen un cantar que fezesse por mí
     nen que non houvi seu mandado migo.