Amiga, do meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amiga, do meu amigo
por Sancho Sanches


Amiga, do meu amigo
oí eu hoje recado;
que é viv'e namorado
doutra dona, ben vos digo.
     Mais jur'a Deus que quisera
     oír ante que mort'era.

Eu era maravilhada
porque tan muito tardava;
pero sempr'esto cuidava,
se eu del seja vingada.
     Mais jur'a Deus que quisera
     oír ante que mort'era.

Mui coitada per vevía;
mais ora non sei que seja
de min, pois outra deseja,
e leixou min que servía.
     Mais jur'a Deus que quisera
     oír ante que mort'era.

E a el mui melhor era,
e a min máis mi prouguera.