Amiga, faço-me maravilhada

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amiga, faço-me maravilhada
por Dom Dinis


-Amiga, faço-me maravilhada
como pode meu amigo viver
u os meus olhos non pode veer,
ou como pod'alá fazer tardada,
ca nunca tan gran maravilha vi,
poder meu amigo viver sen mí,
e, par Deus, é cousa mui desguisada.

-Amiga, estade ora calada
un pouco e leixad'a min dizer:
per quant'eu sei cert'e poss'entender,
nunca no mundo foi molher amada
come vós de voss'amigu', e assí,
se el tarda, sol non é culpad'i,
se non, eu quer'en ficar por culpada.

-Ai amiga, eu ando tan coitada
que sol non poss'en mí tomar prazer,
cuidand'en como se pode fazer
que non é ja comigo de tornada,
e, par Deus, porque o non vej'aquí,
que é morto gran sospeita tom'i,
e, se mort'é, mal día eu fui nada.

-Amiga fremosa e mesurada,
non vos digu'eu que non pode seer
voss'amigo, pois hom'é, de morrer,
mais, por Deus, non sejades sospeitada
doutro mal del, ca, des quand'eu nací,
nunca doutr'home tan leal oí
falar, e quen end'al diz non diz nada.