Amiga, muit'ha gran sazón

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amiga, muit'ha gran sazón
por Dom Dinis


Amiga, muit'ha gran sazón
que se foi d'aquí con el-rei
meu amigo, mais ja cuidei
mil vezes no meu coraçón
     que algur morreu con pesar,
     pois non tornou migo falar.

Porque tarda tan muito lá
e nunca me tornou veer,
amiga, si veja prazer,
máis de mil vezes cuidei ja
     que algur morreu con pesar,
     pois non tornou migo falar.

Amiga, o coraçón seu
era de tornar ced'aquí,
u visse os meus olhos en mí,
e por én mil vezes cuid'eu
     que algur morreu con pesar,
     pois non tornou migo falar.