Amiga, o voss'amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amiga, o voss'amigo
por Pae de Cana


Amiga, o voss'amigo
soub'eu que non mentiría,
pois que o jurad'havía
que veesse; mais vos digo
     que ha de vós mui gran medo,
     porque non veo máis cedo.

E rogou-m'el que vos visse
e vos dissesse mandado,
que non era perjurado;
e vedes al que mi disse:
     que ha de vós mui gran medo,
     porque non veo máis cedo.

E rogo-vos, ai amiga,
que bõa ventur'hajades,
que muito lho gradescades,
pois m'el roga que vos diga
     que ha de vós mui gran medo,
     porque non veo máis cedo.