Atal vej'eu aquí ama chamada

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Atal vej'eu aquí ama chamada
por Joán Soares Coelho


Atal vej'eu aquí ama chamada
que, de-lo día en que eu nací,
nunca tan desguisada cousa vi,
se por ũa destas dúas non é:
por haver nom'assí, per bõa fe,
ou se lho dizen porque ést'amada,

ou por fremosa, ou por ben talhada.
Se por aquest'ama dev'a seer,
é-o ela, podede-lo creer,
ou se o é po-la eu muit'amar,
ca ben lhe quer'e posso ben jurar:
poi-la eu vi, nunca vi tan amada.

E nunca vi cousa tan desguisada
de chamar home ama tal molher
tan pastorinh', e se lho non disser
por tod'esto que eu sei que lh'haver:
porque a vej'a todos querer ben,
ou porque do mund'é a máis amada.

E oíde como vos eu disser,
que, pero me Deus ben fazer quiser,
sen ela non me pode fazer nada!