Ben deviades, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ben deviades, mia senhor
por Nuno Rodrigues de Candarei


Ben deviades, mia senhor,
de min cousimento prender;
e pois vo-lo Deus faz haver,
e quantas outras cousas son,
en que tẽedes por razón
de me leixar morrer d'amor
e me non queredes valer?

E d'al estou eu de vós peior
que mi non queredes creer;
e veedes meu sén perder
por vós; e ha mui gran sazón,
mia senhor fremosa, que non
houvi de min nen d'al sabor,
quando vos non pudi veer.

E pois me vos Deus quis mostrar
aquí, direi-vos ũa ren:
se mi vós non fazedes ben,
por quanto mal por vós levei,
ja eu viver non poderei;
que me querrá cedo matar
a coita que mí por vós ven.

Mais venho-vos por Deus rogar
que vos prenda doo por én
de mí, que fac'este mal sén,
onde me nunca partirei.
Pero d'al vos preguntarei:
como podedes desamar
quen s'assí por voss'home ten?