Cantigas de Santa Maria/CCCXXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXXIV


Como Santa Maria de Terena resorgiu uu ome que morrera de sandece e tornó-o são.

De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder
a sa Madr' e toda cousa guardar de se non perder.

E desto fez en Terena, ond' averedes sabor,
un miragr' a Virgen santa, Madre de Nostro Sennor,
que ou[v]' ha vez guarido u mancebo lavrador
dun mui gran mal que a[via], que lle fezeran fazer.
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

Este, per quant' ei apreso, en Aroches gran sazon
morou con u bõo ome que el mui de coraçon
servia muit' e amava; e polo guardar enton
de mort', ouv' en ssi fillado tal mal ond' ouv' a morrer.
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

Daquesto dizer-vos quero assi como conteceu;
Bartolomeu a aqueste chamavan, e doeceu;
des i o ome, seu amo, pesou-ll' en muit' e prendeu
seus bois con que lavrar fosse, pois viu que sse non erger
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

Seu mancebo non podia; e porende o leixou
e que mui ben del penssassen a ssa companna mandou.
E sa moller con maldade enton vynno tenperou
con ervas, como o désse a seu marid' a bever,
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

E diss[e] a o mancebo: «Se ora podess[es] yr
ao agro a teu amo, punnarei en cho gracir,
e levasses-ll' este vo, podes el e mi servir
muit'; e sei ora con ele, por Deus, ante [de] comer.
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

E dar-ll-ás aqueste vo, e fas como te direi:
non bevas [en] nemigalla, e ven-t' e eu te darei
algo, se esto fezeres, e demais gracir-cho-ei,
e a mi e a teu amo farás ora gran prazer.»
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

O mancebo oyu aquesto e foi logo sospeitar
que no vinno mal avia, e diz: «Pero me mandar
foi mia ama que llo désse a meu am', ant' eu provar
o quero. « E pois provou-o e foi log' enssandecer.
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

E assy andou u ano tolleit' e fora de sen,
que siira non avia. E seus parentes poren
levárono a Terena, que long' é de Santaren;
e yndo pela carreira, ouve morte de prender.
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...

E atal morto com' era levárono ben assy
dereitament' a Terena e posérono log' y
ant' o altar da mui nobre Virgen; e, com' aprendi,
resorgiu e foi são como soya seer.
De resorgir ome morto deu Nostro Sennor poder...