Cantigas de Santa Maria/CCCXXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXXV


Como Santa Maria converteu un gentil que adorava os ydolos, porque avia en si piadade
e fazia caridade aos pobres.

Com' en si naturalmente a Virgen á piadade,
assi naturalment' ama os en que á caridade.

En amar os que ben fazen, Deus, Deus, non me maravillo,
pois aquel que é bondade conprida se fez seu Fillo,
que fez os montes mui grandes e fez o grão do millo,
por mostrar en nos sas obras quaes son e sa bondade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

E por dar a cada úu segundo o que merece,
fez todo quanto veemos e o al que non parece;
e o que non cree esto muito per faz gran sandece
e que a cabeça toda ten cha de vãidade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

E de tal razon com' esta mostraron gran maravilla
Jesu-Cristo e a Virgen que é sa Madr' e sa Filla,
eno tempo dos gentiis a u ome en Cezilla,
que rico e avondado era d'aver e d'erdade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade..

E pero que gentil era e que en Deus non criia,
dava de grad' aos pobres o mais do que el avia.
Esto muit' a Jhesu-Cristo prougu' e a Santa Maria,
e a provar o veron por saber en mais verdade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Onde foi que aquel ome bõo e sen tod' engano
quanto de comer avia dera en u mao ano
e caro todo a pobres, que non catou prol nen dano
que ll' ende poren vesse. Mais a que por omildade
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Soube de Deus seer Madre appareceu-ll' en figura
de moller con fill' en braço con mui pobre vestidura,
e disse-ll': «Ai, ome bõo, pora esta creatura,
por Deus, dade-lle que cómia, e a nos mentes parade
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Com' andamos lazerados con est' ano tan minguado.»
Respondeu-ll' o ome bõo: «Esto faria de grado;
mais todo quanto tia a pobres lo ei ja dado.»
Diss' enton a moller bõa: «Vel da fara me dade,
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

De que papelynnas faça que dé a este meno,
que me non moira de fame, ca non pego pan nen vo.»
O ome bõo, con doo dela, ergeu-sse festynno
e fillou-a pela mão e disse-ll': «Acá entrade,
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

E yrei catar as arcas se me ficou y farynna.»
E achou ende mui pouca e fillou-a muiy'agynna
en sas mãos, e foi logo dereito aa cozynna
e diss' enton a seus omes: «Da agua me caentade.»
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Eles fezérono logo; e des que foi ben caente,
fillou-s' aquel ome bõo e non quis outro sergente,
mas el per sy fez as papas mui ben e apostamente
e levou-as en sa mão de mui bõa voontade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

E a bõa moller logo foi catar u a leixara,
pera dar-ll' aquelas papas que a seu fill' adubara
e achar sol nona pode, e cuidou que se mudara
por pedir a outras portas, e diss' aos seus: «Buscade
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Ha moller con seu fillo, que agor' aqui estava.»
Eles se partiron logo, e cada u a buscava
quanto mais buscar podia, mais neu nona achava.
Enton s'acordaron todos que fazian neiçidade
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Buscar o que non podian achar per nulla maneira;
enton tornaron a ele e disseron: «Verdadeira-
mente non ficou [na] vila rua, nen cal nen carreira,
que buscada non ajamos, sen duvida end' estade.»
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Pois que ll' aquesto disseron, a ssa casa deu tornada
e achou-a toda cha de triigu' e de cevada,
e as arcas de fara chas, e tan avondada
que avondar poderia a todo-los da cidade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Enton aquel bõo ome seve gran peça cuidando
de como viu este feito, e muito mentes parando;
e fez chamar os gentiles e esteve-lles rogando
muito que daquesta cousa lle dessen certãidade,
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Se podi' aver ontr' eles alga tal deoessa
que fill' en braço trouxesse, ou que nom' avia essa,
que ll' a verdade dissessen, e fez[o]lles gran promesa.
E eles lle responderon: «Atal allur a catade.»
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Quando ll' est' ouveron dito, el foi log' aos crischãos
e mostrou-lles este feito e disse-lles: «Ai, irmãos,
se á ontre vos omagen que non an estes pagãos,
de moller con fill' en braço, de duvida m' en sacade.»
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Eles disseron: «Avemos a Virgen mui groriosa,
que de Deus foi Madr' e Filla, e criada e esposa,
e pariu e ficou virgen, cousa mui maravillosa.»
Enton diss' o gentil logo: «A omagen m' amostrade.»
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Eles log' aa eigreja muit' agynna o levaron
e a omagen da Virgen, Madre de Deus, ll' amostraron,
con seu meno en braços, e o feito lle contaron
de seu Fillo Jesu-Cristo, om' e Deus en Tridade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

Quand' o gentil oyu esto, rogou que o batiçassen,
e esto foi logo feito; e ar rogou que rogassen
a Virgen e a seu Fillo, e consigo o levassen,
quando do mundo saisse, aa santa craridade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...

E deste miragre todos deron mui grandes loores
aa Virgen groriosa, que é Sennor das sennores,
que mostra grandes miragres sempre aos peccadores,
por fazer que sejan bõos e se partan de maldade.
Com' en si naturalmente a Virgen á piadade...