Cantigas de Santa Maria/CCLX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLX


Esta é de loor de Santa Maria.

Dized', ai trobadores,
a Sennor das sennores,
porqué a non loades?

Se vos trobar sabedes,
a por que Deus avedes,
porqué a non loades?

A Sennor que dá vida
e é de ben comprida,
porqué a non loades?

A que nunca nos mente
e nossa coita sente,
porqué a non loades?

A que é mais que bõa
e por que Deus perdõa,
porqué a non loades?

A que nos dá conorte
na vida e na morte,
porqué a non loades?

A que faz o que morre
viv', e que nos acorre,
porqué a non loades?