Cantigas de Santa Maria/CCLXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXII


Como Santa Maria guareçeu no poy ha moller que era sorda e muda.

Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira
devemos-la loar porque [nos] demostra en carreira.

E daquest' un gran miragre fezo a Virgen, que sol
fazer outros grandes muitos por achegar nossa prol;
mas eno Poy fez aquesto a mais fremosa que sol
nen que toda-las estrelas, aquest' é cousa certeira.
Se non loassernos por al a Sennor mui verdadeira...

Este logar é bispado, e eigreja nobr' á y
u tod' aquestes miragres faz ela, com' aprendi,
e porende muitas gentes de todas partes van y;
onde fez grand' ha noite miragr' en esta maneira:
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

A ora de madodos fezo a terra tremer
con torvões e coriscos de todas partes caer,
assi que todos fogiron, nono podendo sofferer,
e desta guis' a eygreja ficou d'omees senlleira,
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

As portas e as festras serraron-sse log' en par,
e os santos e a [s] santas começaron de cantar
ant' a Virgen, que poseran ant' ençima do altar,
en bon son «Salve Regina»; e esta foi a primeira
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

Vez que nunca foi cantada. Mas ha moller ficou,
sord' e muda, na eigreja, que con medo se deitou
tras lo altar, e viu logo con seus ollos e falou,
e ficou ben de seus nenbros toda sãa e enteira.
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

E como quer que falasse nas outras razões ben,
«Salve Rea» sabia dizer mellor d'outra ren
toda mui conpridamente, que ren non minguava en,
como lle mostrou a Virgen, que non ouve conpanneira,
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

En outro dia as gentes veron missa oyr,
e viron as portas clusas e quiséronas abrir,
mas non poderon; e logo fillaron-ss' a repentir
de seus peccados, e foi-lles enton a Virgen porteira.
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

E pois foron na eigreja, logo a moller sayu
detras lo altar u era, e contou-lles como viu
a Virgen Santa Maria e como a todos oyu
ben cantar «Salve Regina.» E mais gente que en feira
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

Foi log' ali ajuntada, que todos en mui bon son
cantaron «Salve Regina», chorando de coraçon.
E des ali adeante estabiliron que non
albergasse na eigreja leigo nen leiga nen freira.
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...

E porend' esto creede, e non creades end' al
que por outros trobadores i mostrasse tan gran sinal
a Virgen Santa Maria, senon porque a muitos val;
e se faz grandes miragres, esto ll'é cousa ligeira.
Se non loassemos por al a Sennor mui verdadeira...