Cantigas de Santa Maria/CCLXX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXX


Esta é de loor de Santa Maria.

Todos con alegria cantand' e en bon son,
devemos muit' a Virgen loar de coraçon.

Pero que noit' e dia punnamos de peccar,
sirvamo-la un pouco ora 'n nosso cantar,
pois que a Deu no mundo por avogada dar
quis aos peccadores, que peccan sen razon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Con gran dereito todos a devemos loar,
pois ela a sobervia do demo foi britar;
e poren lle roguemos que aqueste cantar
que ora nos cantamos nos receba por don.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Quanto nossa primeira madre nos fez perder
per desobedeença, todo nos fez aver
aquesta a que vo o angeo dizer
«Ave gracia plena» por nossa salvaçon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Per Adan e per Eva fomos todos caer
en poder do diabo; mais quise-sse doer
de nos quen nos fezera, e vo-sse fazer
nov' Adan que britass' a cabega do dragon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Gran mercee ao mundo fez por esta Sennor
Deus, e mui gran dereito faz quen é servidor
desta que nos adusse Deus, om' e Salvador,
que compriu quanto disse Davi e Salomon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Con esta juntar quise Deus verdadeir' amor,
e foi end' Ysayas seu prophetizador;
e Daniel propheta, que dita de pastor
era, disse que Cristus averia onçon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Aquesta foi chamada Ficella Moysy,
e foi por nossa vida Madre d' Adonay;
e desta jaz escrito en libro Genesy
que seu fruito britas[s]' o dem[o] brav' e felon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...

Na Vella Lei daquesta Moysen, com' aprendi,
falou e de seu Fillo prophetizou assy,
dizendo que profeta verria, e des y
quen en aquel non creess' yrya a perdiçon.
Todos con alegria cantand' e en bon son...