Cantigas de Santa Maria/CLXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXI


Como ha moller de Pedra-Salze ya con seu marido a Salas, e perderon un fillo pequeno
en un rio, e foron a Salas e achárono vivo ant' o altar.

Santa Maria grandes faz
miragres e saborosos,
e guarda aos que lle praz
de seeren perdidosos.

E desto vos quero contar
un gran miragre que oý
que fez a Rea sen par
en Salas, e faz muitos y
pera as gentes aduzer
que sejan muit' aguçosos
de ben en seu Fillo creer,
e manssos e omildosos.
Santa Maria grandes faz...

Un ome non podi' aver
fillo, per quant' eu aprendi,
de sa moller, e prometer
foi d' ir a Salas; e des i
quis Santa Maria guisar,
que faz miragres fremosos,
que lles foi log' un fillo dar,
ond' ambos foron goyosos.
Santa Maria grandes faz...

Dous anos lo foron criar;
e pois moveron ben dali,
seu camo foron fillar
pera Salas. E ynd' assi
viron un rio correr
e eles foron coitosos
de passar; mas foron perder
o fill' os malavegosos.
Santa Maria grandes faz...

Ca a madre, que o trager
en un rocin y' ante ssi,
con el no rio foi caer,
como contaron a mi,
e ouve a desanparar
o fillo; e os astrosos
fillaron-se muit' a chorar
ambos come perdidosos.
Santa Maria grandes faz...

Muito o per foron buscar
pelas ribas, com' entendi,
mas nono poderon achar,
e tornar-se quisera d'i
o padre; mas ela dizer
lle foi: «Pois non preguiçosos
fomos, vaamos seer
a Salas desto queixosos.»
Santa Maria grandes faz...

No camynno se meter
foron, dizend' ela: «A ti
vou, Virgen, que mi acorrer
queras do fillo que perdi.»
E pois chegou ao logar,
con sospiros amargosos,
viu seu fill' ant' o altar
vivo. E muit'omildosos
Santa Maria grandes faz...

Loores deu, se Deus m' anpar,
aa Virgen. «Ca recebi»,
diss' ela, «o que demandar
te fui sempr', e nunca fali;
e poren querrei retraer
ontr' os teus mui groriosos
miragres e fazer saber
este dos maravillosos.»
Santa Maria grandes faz...