Cantigas de Santa Maria/CLXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXII


Como Santa Maria de Salas livrou un mercador do perigoo do mar.

A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares
fez, poder á d' as tormentas toller en todos logares.

De tal razon un miragre a Virgen Santa Maria
fez por un mercador, grande, que a Acre yr queria
con ssa nave carregada de mui bõa merchandia,
mas ante que y chegasse recebeu muitos pesares.
A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares...

Ca ouve tan gran tormenta, que o masto foi britado
e a vea toda rota; e el se viu tan coitado
que prometeu [que] se vivo ao porto arribado
fosse, que romeu en Salas vel a santos seus altares
A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares...

Ha noite offerenda déss' y bõa e fremosa.
E pois prometud' est' ouve, log' a Virgen groriosa
valeu-lle con sa mercee e non lle foi vagarosa,
ca fez quedar a tormento logo, sen outros vagares.
A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares...

A tormenta aquedada foi, e seu mast' adubaron
e log' a Santa Maria de Salas s' acomendaron;
e ouveron tan bon vento, que na mannãa chegaron
a Acr', e perderon medo e todos maos penssares
A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares...

Que ant' avian da morte; des i quantas merchandias
tragian, todas venderon mui ben e en poucos dias.
Pois a ssa terra tornaron e fezeron romarias
al Poi, e depois a Salas, con loores e cantares.
A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares...

Ha cruz de cristal toda deu log' y en offerenda
o mercador que a Virgen guiara ben sen contenda
con seu aver ao porto, e meteu-ss' en sa comenda.
E desto cantar fezemos que cantassen os jograres.
A Madre de Jesu-Cristo que ceos, terras e mares...