Cantigas de Santa Maria/CLXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXIV


Como un cavaleiro servia Santa [Maria], e avo-lle que jugou os dados, e porque perdeu
dostou Santa Maria; e arrepentiu-sse depois, e do pesar que ende ouve tallou a
lingua; e sãó-lla Santa Maria, e falou depois muy ben.

Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente,
outrossi ar praz-lle muito de quen ss' ende ben repente.

Onde a un cavaleiro avo que muit' amava
Santa Maria e sempre a ela s' acomendava;
mais foi assi que un dia con outro dados jogava,
e porque perdeu a eles, descreeu mui feramente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

Como quer que el disses[s]e contra Deus muita folia,
mais de mal diss' essa ora da Virgen Santa Maria.
E pois l' ouve dito, logo sayu da tafuraria
e fillou-ss' a chorar muito, como ome que sse sente
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

De grand' erro que á feito. E mui de rrijo chorando
des i sacou seu cuitelo e estev' assi tallando
sa lingua, con que a Virgen severa mal dostando.
Mas tan gran door end' ouve, que sse sayu d'ontr' a gente
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

E foi pera ssa pousada con gran door mui coitado;
e jouv' assi vel tres dias mui maltreit' e lazerado,
rogando Santa Maria na mente que seu pecado
que dissera lle pa[r]cisse, ca el era seu sergente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

E ele assi rogando, adormeceu muit' aga,
e viu enton en dormindo a Virgen santa, Rea,
que ll' en aquela gran coita pos logo ssa meeza,
que lle pareceu mais crara que o sol en ouriente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

E disse-ll' enton: «Mesquo, macar mal me dostaste,
muit' ei eu de ti gran doo de que ta lingua tallaste;
mais sãar-t-ei ora dela, porque en mi confiaste,
ca dereito de ssi grande dá aquel que sse desmente;
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

E porque te repentiste, sãar-t-ei ora de chão.»
E enton Santa Maria pos-lle na boca a mão
e sãou-o ben da lingua, e el achousse tan são,
que nunca pois lle dolveron boca nen lingua nen dente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...

E el loou muit' a Virgen; e nos demos-lle loores,
que nos acorre nas coitas macar somos pecadores,
e nos pesar lle fazendo, faz-nos ela sempr' amores
e dá-nos ben de seu Fillo, Deus Padre omnipotente.
Como aa Virgen pesa de quen erra a ciente...