Cantigas de Santa Maria/CLXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXVI


Esta é do cativo de Mayorgas que sacou Santa Maria quand' era de mouros.

Soltar pode muit' agynna os presos e os liados
a que faz ao seu Fillo que nos solte dos pecados.

E dest' un mui gran miragre direi que oý dizer
que avo en Mayorgas, quando mouros en poder
a tian, por un crischão que foi ontr' eles caer
en cativo e avia os pees enferrollados.
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...

Demais ti' a garganta no cepo, com' aprendi;
e jazend' en tan gran coita, prometeu log[o] assi
que sse o Santa Maria de Salas tirasse d' i,
que seria seu romeiro e dar-ll-ia mui grãados
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...

Dões e a ssa omagen faria, com' aprix eu,
de cera que y levasse, e seria sempre seu
servo. E pois esto dito ouve, tal sono lle deu
Santa Maria, que logo dormiu entr' outros atados.
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...

E u jazia dormindo, a viu; e disso-ll' atal:
«Leva-te, ca ja es solto, e daqui logo te sal.»
E abriu log' as cadas e assi lle fez o al,
e o cep' en que jazia e todo-los cadados.
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...

E disse-lle: «Vai, non temas, ca per ren non te verá
null' ome que mal te faça, e leva-t' e sal acá;
ca yr-te podes en salvo ata que chegues alá
u compras ta romaria e sejan-te perdõados
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...

Os pecados que ás feitos.» E el logo ss' espertou
e do cep' e das cadas de todo se livr' achou;
e en mui pouco de tenpo en salv' a Salas chegou
e levou y a omagen de cer'. E maravillados
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...

Foron quantos lo oyron, e deron poren loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor,
que nos de tantas maneiras faz mercee e amor
e non cata nossos erros, nen como somos culpados.
Soltar pode muit' aga os presos e os liados...