Cantigas de Santa Maria/CLXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXVII


Esta é do que tiraron os ollos, que sãou Santa Maria de Salas e viu ben.

Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar
a que con Deus, que é lume, sé no ceo par a par.

Ca pois ela enos ceos sé con Deus e sa Madr' é,
da graça que del recebe mui guisad' é que nos dé;
poren dar lum' ao cego rafece ll' é, a la fe;
e desto un gran miragre vos quer' eu ora contar.
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...

En Aragon foi un home bõo e que grand' amor
aa Virgen sempr' avia, outrossi a seu sennor
servia mui lealmente; mas un falsso mezcrador
atant' andou revolvendo, que o foi con el mezcrar.
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...

Tanto lle disse mal dele e tan forte o mezcrou,
que o sennor, con gran sanna, verdade non preguntou,
mai-los ollos da cabeça ambos tirar-llos mandou,
cuidando que del por esto non se podia vengar.
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...

E pois ll' os ollos tiraron, aquel bon ome, que fez?
Pidiu-os; e pois llos deron, aa Reynna de prez
s' acomendou e mandou-se logo levar dessa vez
a cas dun celorgião, e começou-ll' a rogar
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...

Que lle seus ollos tornas[s]e, ca ben fiava por Deus
e pola Virgen, sa Madre, que sempr' acorr' aos seus.
Diss' ele: «Ca eu ben cuido aynda veer destes meus,
se esto que me sacaron podedes dentro tornar.»
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...

Enton o celorgião tornou-llos, e logu' enton
el sse volveu contra Salas, rogando de coraçon
a Virgen Santa Maria que o sãasse e non
catass' aos seus pecados. E ela o fez sãar
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...

Logo, que non parecia du llos tiraran sinal,
ante cuidavan ben todos que non ouvera en mal.
Poren loaron a Virgen que aos seus nunca fal,
e el omagen de cera pos log' ant' o seu altar.
Non vos é gran maravilla de lum' ao cego dar...