Cantigas de Santa Maria/CLXXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXI


Esta é como Aboyuçaf foy desbaratado en Marrocos pela sina de Santa Maria.

Pero que seja a gente d' outra lei [e] descreuda,
os que a Virgen mais aman, a esses ela ajuda.

Fremoso miragre desto fez a Virgen groriosa
na cidade de Marrocos, que é mui grand' e fremosa,
a un rei que era ende sennor, que perigoosa
guerra con outro avia, per que gran mester ajuda
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

Avia de quen lla désse; ca assi com' el cercado
jazia dentr' en Marrocos, ca o outro ja passado
era per un gran[de] rio que Morabe é chamado
con muitos de cavaleiros e mui gran gente miuda.
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

E corrian pelas portas da vila, e quant' achavan
que fosse fora dos muros, todo per força fillavan.
E porend' os de Marrocos al Rei tal conssello davan
que saisse da cidade con bõa gent' esleuda
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

D' armas e que mantenente cono outro rei lidasse
e logo fora da vila a sina sacar mandasse
da Virgen Santa Maria, e que per ren non dultasse
que os logo non vencesse, pois la ouvesse tenduda;
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

Demais, que sair fezesse dos crischãos o concello
conas cruzes da eigreja. E el creeu seu consello;
e poi-la sina sacaron daquela que é espello
dos angeos e dos santos, e dos mouros foi viuda,
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

Que eran da outra parte, atal espant' en colleron
que, pero gran poder era, logo todos se venceron,
e as tendas que trouxeran e o al todo perderon,
e morreu y muita gente dessa fea e barvuda.
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

E per Morabe passaron que ante passad' ouveran,
e sen que perdud' avian todo quant' ali trouxeran,
atan gran medo da sina e das cruzes y preseran,
que fogindo non avia niun reda tuda.
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...

E assi Santa Maria ajudou a seus amigos,
pero que d' outra lei eran, a britar seus emigos
que, macar que eran muitos, nonos preçaron dous figos,
e assi foi ssa mercee de todos mui connoçuda.
Pero que seja a gente d' outra lei e descreuda...