Cantigas de Santa Maria/CXXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXI


Esta é como Santa Maria guardou o Emperador de Costantinobre que non morresse so ha
pena que caeu sobr' ele, e morreron todos-los outros que con ele eran.

En tamanna coita non pode seer
om' a que a Virgen non poss' acorrer.

E dest' un miragre, de que gran sabor
averedes, direi que fez a Sennor,
a Madre de Deus, por un emperador;
e eno oyrdes fillad' y lezer.
En tamanna coita non pode seer...

Est' emperador nom' avi' Aleixi,
de Costantinobre, per com' aprendi,
e ssa moller Jordana, segund' oý,
ond', era ben casad' e [a] seu prazer.
En tamanna coita non pode seer...

Bon crischão era el e de bon sen,
ela a Virgen amava mais d'al ren;
por esto fez a ambos Deus [a]tal ben
qual vos quer' eu ora contar e dizer.
En la tamanna coita non pode seer...

Ond' avo assi un dia, sen al,
que o Emperador foi veer metal
das sas mineiras ben dentr' en un val
en covas mui grandes, de que grand' aver
En tamanna coita non pode seer...

Tiravan de prata en aquel logar.
E o Emperador foi log' y entrar,
e a cova logo per meo quebrar
se foi atan teost' e leixou-sse caer.
En tamanna coita non pode seer...

E quantos dentr' eran todo-los matou
senon el senlleiro que viv' escapou
so ha gran pena que o enserrou;
mas cuidou sen falla log' y a morrer.
En tamanna coita non pode seer...

Mais la santa dona, sa moller, que fez?
Con gran doo foi ant' a Sennor de prez,
[a] Madre de Deus, e sempre dessa vez
cada dia foi y oraçon fazer,
En tamanna coita non pode seer...

Que a alma del ouvesse salvaçon.
E muitas missas fez cantar des enton
ben ata un ano e dar offreçon,
e aquesto era todo seu querer.
En tamanna coita non pode seer...

E daquest' avo, per quant' aprix eu,
que en tod' ess' ano a comer lle deu
ao Emperador a Madre do seu
Sennor Jhesu-Cristo per seu gran poder.
En tamanna coita non pode seer...

E angeos muitos fazia vir
a estar con el e sse del non partir
polo conortar e o fazer dormir
e daquela coita o medo perder.
En tamanna coita non pode seer...

E dizia-ll' assi: «Esto que ti fiz;
e que te faz' ora, a Emperadriz,
ta moller, mio roga, a bõa fiiz,
a que o tu deves muito gradecer.
En tamanna coita non pode seer...

Porque en meu Fillo fias, o gran Rey,
non quix que morresses, e ar guardar-t-ei
enquant' aqui fores, e pois sacar-t-ey
daqui, e desto non ajas que temer.»
En tamanna coita non pode seer...

Des que desta guisa seu ano conpriu,
de noit' en vison o Patriarca viu
a Santa Maria, que lle descobriu
tod' aquest[o] e fez[e]-llo entender.
En tamanna coita non pode seer...

O Patriarcha foi outro di' alá
e à Emperadriz, a que nunca ja
tal prazer oyra, e come quen á
gran prazer do feito, fez-lo parecer.
En tamanna coita non pode seer...

Dentro ena cova gran gente meteu
e tirou a terr' e a pena fendeu;
e pois lles el dentro viv' apareceu,
tirárono ende sen sse deter.
En tamanna coita non pode seer...

E quando o viron, deron end' a Deus
graças e loores, chorando dos seus
ollos muito todos, dizendo: «Os teus
servos nunca poden mui gran [mal] prender.»
En tamanna coita non pode seer...

E ele lles contou que por ssa moller
lle dera a Virgen quanto lle mester
fora: «E porende, se vos [a]prouguer»,
diss' el, «id' a ela graças en render.»
En tamanna coita non pode seer...

E eles o fezeron, pois todos en az
deron aa Virgen loores assaz
por este miragr' e por outros que faz
grandes e fremosos pera retraer.
En tamanna coita non pode seer...