Cantigas de Santa Maria/CXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXIII


Esta é de como Santa Maria ressucitou ha mina que levaron morta ant' o seu altar.

Resurgir pode e faze-los seus
vive-la Virgen de que naceu Deus.

Dest' un miragre muy grande mostrou
en Elch' a Madre do que nos conprou
polo seu sangue e que se leixou
matar na cruz per mãos de judeus.
Resurgir pode e faze-los seus...

Ha menynna morava ali
que padr' e madre, com' eu aprendi,
avia, e que vivian assi
come crischãos, mais non com' encreus.
Resurgir pode e faze-los seus...

Aquesta menynna foi a bever
ena cequia, e dentro caer
foi, por que ouve logo de morrer.
E con sospiros muitos e «ay eu»s
Resurgir pode e faze-los seus...

Que o seu padr' enton por ela fez,
e ant' o altar da Sennor de prez
a foi deitar e loar, outra vez
a el changiu, dizend': «Os pecados meus
Resurgir pode e faze-los seus...

Foron estes.» E logo fez cantar
missa de requiem pola soterrar,
e u foi a pistola rezar
dos mortos que fez Judas Macabeus.
Resurgir pode e faze-los seus...

A madre nunca de chorar quedou;
e poi-lo prest' a sagra começou,
a menynna tan toste [se] levou
viva, dizendo: «Estes son dos teus
Resurgir pode e faze-los seus...

Miragres, Virgen, Madre do Sennor
do mundo, Jhesu-Cristo, Salvador,
aquel que foi morrer por noss's amor,
segund que contan Marcos e Mateus.»
Resurgir pode e faze-los seus...