Cantigas de Santa Maria/CXXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXXIV


Esta é como Santa Maria guareceu na sa eigreja en Paris un ome que se tallara a perna
por gran door que avia do fogo de San Marçal, e outros muitos que eran con ele.

A Virgen en que é toda santidade
poder á de toller tod' enfermidade.

E daquest' en Paris
a Virgen Maria
miragre fazer quis
e fez, u avia
mui gran gent' assada que sãydade
veran demandar da ssa piadade.
A Virgen en que é toda santidade...

E do fogo tan mal
eran tormentados,
deste de San Marçal,
e assi queimados
que os nenbros todos de tal tempestade
avian de perder, esto foi verdade.
A Virgen en que é toda santidade...

Porende sse levar
fazian agynna
logo ant' o altar
da Santa Reynna,
dizendo: «Madre de Deus, en nos parade
mentes e non catedes nossa maldade.»
A Virgen en que é toda santidade...

Eles chamand' assi
a Virgen comprida,
foi-lles, com' aprendi,
ssa razon oyda;
e per ha vidreira con craridade
entrou na eigreja a de gran bondade.
A Virgen en que é toda santidade...

E a yr-sse fillou
perant' os doentes
e os santivigou,
pois lles teve mentes,
e disse-lles assi: «Tan toste sãade,
ca meu Fillo o quer, Rey da Majestade.»
A Virgen en que é toda santidade...

Logo foron tan ben
daquel fogo sãos,
que lles non noziu ren
en pes nen en mãos;
e dizian assi: «Varões, levade
e a Santa Maria loores dade.»
A Virgen en que é toda santidade...

Quantos eran enton
dentro essa ora
sãos e sen lijon
foron; mais de fora
da eigreja jazian con mesquindade,
ca non cabian dentr' end' a meadade.
A Virgen en que é toda santidade...

Ontr' aqueles, com' ei
en verdad' apreso,
jazia, com' achei,
un tan mal aceso
que ssa perna tallara con crueldade
e deitara no rio dessa cidade.
A Virgen en que é toda santidade...

O mal xe ll' aprendeu
ena outra perna,
tan forte que ardeu
mui mais que lenterna;
mais la Madre de Deus lle diss': «Acordade,
ca ja são sodes desta gafidade.»
A Virgen en que é toda santidade...

El respondeu-ll' adur:
«Benaventurada,
est' outra con segur
perna ei tallada;
mas pola vossa gran mercee mandade
que seja com' ant' era e a juntade.»
A Virgen en que é toda santidade...

Enton seu rog' oyu
a mui piadosa,
e log' a perna viu
sãa e fremosa
per poder da Virgen, que per omildade
foi Madre do que é Deus en Tridade.
A Virgen en que é toda santidade...