Cantigas de Santa Maria/XIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga XIX: Gran sandece faz quen se por mal filla


Esta é como Santa Maria fillou vingança dos tres cavaleiros que mataron seu emigo ant' o seu altar.

Gran sandece faz quen se por mal filla
cona que de Deus é Madre e Filla.

Desto vos direi un miragre fremoso,
que mostrou a Madre do Rei grorioso
contra un ric-ome fol e sobervioso,
e contar-vos-ei end' a gran maravilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

El [e] e outros dous un dia acharon
un seu emig', e pos el derranjaron
e en ha eigreja o ensserraron
por prazer do demo, que os seus aguilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

O enserrado teve que lle valrria
aquela eigreja de Santa Maria;
mas ant' o altar con ssa gran felonia
peças del fezeron per ssa pecadilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

E pois que o eles peças feit' ouveron,
logo da eigreja sayr-sse quiseron;
mas aquesto per ren fazer non poderon,
ca Deus os trillou, o que os maos trilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

Non foi quen podesse arma nen escudo
ter niun deles, assi foi perdudo
do fogo do ceo, ca tod' encendudo
foi ben da cabeça tro ena verilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

Poi-los malapresos arder-s' assi viron,
logo por culpados muito se sentiron;
a Santa Maria mercee pediron
que os non metesse o dem' en sa pilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

Pois sse repentiron, foron mellorados
e dun santo bispo mui ben confessados,
que lles mandou, por remir seus pecados,
que fossen da terra como quen ss' eixilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...

Demais lles mandou que aquelas espadas
con que o mataran fossen pecejadas
e cintas en feitas, con que apertadas
trouxessen as carnes per toda Cezilla.
Gran sandece faz quen se por mal filla...