De Joán Bol'and'eu maravilhado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De Joán Bol'and'eu maravilhado
por Dom Dinis


De Joán Bol'and'eu maravilhado:
u foi sen siso home tan pastor
e led'e ligeiro cavalgador,
que tragía rocín bel'e loução,
e disse-m'ora aquí un seu vilão
que o havía por múa cambiado.

E deste cambio foi el enganado:
d'ir dar un rocín feit'e corredor
por ũa muacha revelador,
que non sei hoj'home que a tirasse
fora da vila, pero o provasse;
se x'el non for, non será tan ousado.

Mais non foi esto senón seu pecado,
que el mereceu a Nostro Senhor:
ir seu rocín, de que el gran sabor
havía, dar por múa mal manhada,
que non quería, pero mi a doada
dessen, nen andar dela embargado.

Melhor fora dar o rocín dõado
ca por tal muacha remusgador,
que lh'home non guardará, se non for
el, que x'a vai ja-quanto conhocendo;
mais se el fica, per quant'eu entendo,
seu cajón dela, ést'aventurado.

Mui máis quería, besta non havendo,
ant'ir de pé ca del'encavalgado.