De mi vós fazerdes, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De mi vós fazerdes, senhor
por Dom Dinis


De mi vós fazerdes, senhor,
bem ou mal, tod'est'em vós é,
e sofrer m'é, per bõa fé,
o mal; ca o bem, sabedor
sõo que o nom hei-d'haver;
mais que gram coit'há de sofrer
quem é coitado pecador!
 
Ca no mal, senhor, viv'hoj'eu
que de vós hei; mais nulha rem
nom atendo de vosso bem,
e cuido sempre no mal meu
que pass'e que hei-de passar,
com haver sempr'(a) desejar
o mui gram bem que vos Deus deu.
 
E pois que eu, senhor, sofri
e sofro por vós tanto mal,
e que de vós nom atend'al,
em que grave dia naci
que eu de vós por galardom
nom hei-d'haver se coita nom,
que sempr'houvi des que vos vi.