De mi valerdes seria, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De mi valerdes seria, senhor
por Dom Dinis


De mi valerdes seria, senhor,
mesura, por quant'há que vos servi;
mais, pois vos praz de nom seer assi,
e do mal hei de vós sempr'o peior,
veed'ora se seria melhor,
como vos praz de me leixar morrer,
de vós prazer de mi querer valer.
 
De mi valerdes, senhor, nulha rem
nom errades, pois vos sei tant'amar
como vos am', e pois vos é pesar;
e sofr'eu mal de que moir', e por em
veede agora se seria bem
como vos praz de me leixar morrer,
de vós prazer de mi querer valer.
 
De mi valerdes era mui mester
porque perço quanto vos direi:
o corp'e Deus, e nunca vos errei,
e pero praz-vos do meu mal; mais er
veede se é bem, se vós prouguer,
como vos praz de me leixar morrer,
de vós prazer de mi querer valer.
 
De mi valerdes, Deus nom mi perdom,
se vós perdedes do vosso bom prez,
pois vos tant'am'; e por Deus que vos fez
valer mais de quantas no mundo som,
veed'agora se nom é razom
como vos praz de me leixar morrer,
de vós prazer de mi querer valer.
 
E pois, senhor, em vós é o poder,
por Deus, quered'o melhor escolher.