De morrerdes por mi gram dereit'é

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De morrerdes por mi gram dereit'é
por Dom Dinis


De morrerdes por mi gram dereit'é,
amigo, ca tanto paresqu'eu bem
que desto mal grad' hajades vós em
e Deus bom grado, ca, per bõa fé
nom é sem guisa de por mi morrer
quem mui bem vir este meu parecer.
   
De morrerdes por mi nom vos dev'eu
bom grado poer, ca esto fará quem quer
que bem cousir parecer de molher;
e, pois mi Deus este parecer deu,
nom é sem guisa de por mi morrer
quem mui bem vir este meu parecer.
   
De vós por mi amor assi matar
nunca vos d'esto bom grado direi
e, meu amigo, mais vos eu direi,
pois me Deus quis este parecer dar:
nom é sem guisa de por mi morrer
quem mui bem vir este meu parecer
   
Que mi Deus deu, e podedes creer
que nom hei rem que vos i gradecer.