Donzela, quen quer que poser femença

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Donzela, quen quer que poser femença
por Estevan da Guarda


Donzela, quen quer que poser femença
en qual vós sodes e de que logar,
e no parecer que vos Deus quis dar,
entender pode, quant'é mia creença,
que, pois vos queren juntar casamento,
non pod'haver i nen un partimento
se non se for per vossa negrigença.

E quen ben vir o vosso contenente
e as feituras e o parecer
que vós havedes, ben pod'entender
en tod'aquesto, quant'é meu ciente,
que, ben alí u vós casar queredes,
non se partirá que i non casedes
senón per seerdes vós i negrigente;

ca sei eu outra non de tal doairo
nen de tal logar come vós, de pran,
con aguça que tomou de talán
de casar cedo, non houv'i contrairo;
por én vos cómpre, se casar cuidades,
de negrigente que sodes, sejades
mui aguçosa, sen outro desvairo.