Fex ũa cantiga d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fex ũa cantiga d'amor
por Juião Bolseiro


Fex ũa cantiga d'amor
ora meu amigo por mí,
que nunca melhor feita vi,
mais, como x'é mui trobador,
     fez ũas lirias no son
     que mi sacan o coraçón,

Muito ben se soube buscar,
por mí alí quando a fez,
en loar-mi muit'e meu prez,
mais, de pran, por xe mi matar,
     fez ũas lirias no son
     que mi sacan o coraçón.

Per bõa fe ben baratou
de a por mí bõa fazer
e muito lho sei gradecer,
mais vedes de que me matou,
     fez ũas lirias no son
     que mi sacan o coraçón.