Foi-s'o meu amigo d'aquí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Foi-s'o meu amigo d'aquí
por Pêro da Ponte


Foi-s'o meu amigo d'aquí
na hoste, por el-Rei servir,
e nunca eu despois dormir
pudi; mais ben tenh'eu assí
     que, pois m'el tarda e non ven,
     el-Rei o faz que mi o detén.

E gran coita non perderei
per ren, meos de o veer,
ca non ha o meu cor leze;
pero tanto de conort'hei
     que, pois m'el tarda e non ven,
     el-Rei o faz que mi o detén.

E ben se devía nembrar
das juras que m'entón jurou,
u m'el mui fremosa leixou;
mais, donas, podedes jurar
     que, pois m'el tarda e non ven,
     el-Rei o faz que mi o detén.