Gram temp'há, meu amigo, que nom quis Deus

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Gram temp'há, meu amigo, que nom quis Deus
por Dom Dinis


Gram temp'há, meu amigo, que nom quis Deus
que vos veer podesse dos olhos meus,
e nom pom com tod'esto em mi os seus
olhos mia madr', amigu', e pois est assi
guisade de nos irmos, por Deus, daqui,
e faça mia madre o que poder desi.
   
Nom vos vi há gram tempo, nem se guisou,
ca o partiu mia madr' a quem pesou
daqueste preit'e pesa, e mi guardou
que vos nom viss', amigu', e pois est assi
guisade de nos irmos, por Deus, daqui,
e faça mia madre o que poder desi.
   
Que vos nom vi há muit'e nulha rem
nom vi des aquel tempo de nenhum bem,
ca o partiu mia madr'e fez por em
que vos nom viss'amigu'e, pois est assi,
guisade de nos irmos, por Deus, daqui,
e faça mia madre o que poder desi.
   
E se nom guisardes mui ced'assi,
matades vós, amigu', e matades mi.