Levou-s'a fremosa, levou-s'a velida

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Levou-s'a fremosa, levou-s'a velida
por Pero Meogo
Cancioneiro da Biblioteca Nacional 1188, Cancioneiro da Vaticana 793 Cantiga supostamente relacionada com a Levantou-s'a velida.


Levou-s'a fremosa, levou-s'a velida,
vai lavar cabelos, na fontana fría,
     leda dos amores, dos amores leda.

Levou-s'a fremosa, levou-s'a louçana,
vai lavar cabelos, na fría fontana,
     leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos, na fontana fría,
passou seu amigo, que lhi ben quería,
     leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos, na fría fontana,
passa seu amigo, que a muit'amava,
     leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo, que lhi ben quería,
o cervo do monte a augua volvía,
     leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo, que a muit'amava,
o cervo do monte volvía a augua,
     leda dos amores, dos amores leda.