Martín Moxa, a mia alma se perca

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Martín Moxa, a mia alma se perca
por Afonso (Álvaro?) Gomes de Sarria


Martín Moxa, a mia alma se perca
polo foder, se vós pecado havedes,
nen por bõos filhos que fazedes;
mais havedes pecado pola herva
que comestes, que vos faz viver
tan gran tempo, que podedes saber
mui ben quando naceu Adán e Eva.

Nen outrossí dos filhos barvados
non vos acho i por gran pecador,
senón dos tempos grandes traspassados,
que acordades, e sodes pastor.
Dized'ora, se vejades prazer:
de que tempo podiades seer,
quand'estragou alí o Almançor?

De profaçar a gente sandía
non havedes por que vos embargar
nen por que filhardes én vós pesar,
ca o non dizen senón con perfía.
Dizede-m'ora, se Deus vos perdón,
quando nacestes vós? Ant'a sazón
que encarnou Deus en Santa María?