Mia madre, pois atal é vosso sén

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mia madre, pois atal é vosso sén
por Joan Airas


Mia madre, pois atal é vosso sén
que eu queira mal a quen mi quer ben
e me vós rogades muito por én,
dized'ora, por Deus, que pod'e val:
pois hei mal querer a quen mi quer ben,
     se querrei ben a quen mi quiser mal?

Dizedes-mi que se eu mal quiser
a meu amigo, que mi gran ben quer,
que faredes sempre quant'eu quiser,
mais venh'ora, que mi digades al:
pois hei querer mal a quen mi ben quer,
     se querrei ben a quen mi quiser mal?

Muito mi será grave de sofrer
d'haver quen mi quer ben mal a querer,
e vós, madre, mandades-mi-o fazer,
mais faço-vos ũa pregunta tal:
pois quen mi quer ben hei mal a fazer,
     se querrei ben a quen mi quiser mal?

Se assí for, por mí poden dizer
que eu fui a que semeou o sal.